Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

O TRIUNFO DO OVO

€12,50
ISBN 9788494257032

Un autor ao que se lle amorean os contos na porta. Un home que non é quen de darlle voz á súa historia. Un rapaz que vive a súa primeira decepción. Unha moza de Nova Inglaterra que marcha ao oeste e se decata de que xa non é tan moza. Un home que quere ser emprendedor e se ve derrotado por un ovo…



Eses e moitos outros son os personaxes que poboan este libriño. Un compendio de contos, de estampas das xentes do común do medio oeste americano de principios do século XX. Historias pequenas de xente pequena con vidas pequenas nas que aparentemente non pasan grandes cousas e que, porén, remexen algo no interior de quen as le.

Sherwood Anderson Nado en Ohio, Sherwood Anderson (1876-1941), autor até agora inédito en galego, foi empresario do sector das pinturas até que sufriu unha crise nerviosa aos 36 anos, no cumio do seu éxito profesional, e iniciou unha soada carreira literaria a ambas beiras do Atlántico cos seus relatos sobre a vida no medio oeste americano. Xunto con Gertrude Stein, é considerado o padriño da xeración literaria de Faulkner, Steinbeck e Hemingway, quen beberon inicialmente do seu estilo para despois renegaren del como bos fillos malcriados. Anderson probou sorte tamén coa novela, o drama e o ensaio, pero foi no relato onde acadou os niveis óptimos da súa escrita.
  •  
 

____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Gallego