Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

TRES VERSIÓNS

€12,00
ISBN 97884-84871972

TRES VERSIÓNS é o título máis neutro e realista que se podía escoller para un tomo que xunta unha traxedia grega, As troianas e dúas dramatizacións de obras narrativas: O salto do puma, sobre A illa do doutor Moreau, de H. G. Wells, e Transilvania, baseada no Drácula de Bram Stoker.

Como desculpa, valla o feito de as tres “reconstrucións” ter sido, en diferentes momentos, reclamadas para o palco. Así, a traxedia de Eurípides fora unha encomenda de Arturo López para a compañía Espello Cóncavo, que a estreara en 1997, cun texto moi semellante ao que logo usaría, en 2010, a Escola Municipal de Culleredo; canto a O salto do puma, escrita para Casahamlet, vira adiada a súa posta en escena, e Transilvania, estreada en 2007 pola E. M. T. de Culleredo, fora, na temporada seguinte, transferida a Teatro Carfax, que a mantén no seu programa de actuacións.

____

Editorial: Laiovento 2010

Idioma: Galego