Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

TODO MENOS O CUIÑAR .

€19,95
ISBN 9788493708825
Este é o título do libro no que John Barlow lle dá unha nova volta ás saborosas calidades gastronómicas do noso porco nunha tradución ao galego do seu “Everything but the squear” (Todo agás o berro). O libro, unha incursión na literatura de viaxes, exalta as carnes porcinas, das que o inglés casado en Lalín tirou boa proba, mais tamén recolle outras experiencias en Galiza, como o entroido de Laza, o camiño de Santiago ou mesmo unha entrevista co ex-presidente do Goberno Manuel Fraga.

Despois de ofrecerlle a súa peculiar visión de Galiza aos lectores de fala inglesa, Barlow preséntanos unha edición galega, que será presentada este xoves na Coruña. Cunha tradución de Bárbara Álvarez Fernández, o resultado é un libro que, como adiantaban as críticas de xornais como Time ou The Economist, fala dun territorio “que non se parece a España”. O inglés que toleou polo porco galego

John Barlow, un británico afincado en Galiza, escribiu un peculiar libro de viaxes no que se propón comer todas as partes do porco, dende o rabo á cabeza.

Casado cunha galega vexetariana e afincado no berce do bo cocido, en Lalín, a John Barlow presentóuselle un difícil dilema: conxugar a súa natureza lambona coas ameazas de colesterol e exceso de graxa que lle repite a súa muller. Finalmente, non puido por menos que adicarse por completo ao consumo de porco. Tal foi así que decidiu escribir un libro de viaxes exaltando as súas carnes, das que se propuxo tomar boa proba, dende a cachola até o rabo. "Everything but the squear" (Todo agás o berro) é o nome que lle deu a esta iniciativa literaria, na que tamén recolle outras experiencias en Galiza, como o entroido de Laza ou o camiño de Santiago. Con todo, ten aínda que soportar os reproches da súa dona, que lle recrimina a súa inxesta excesiva de touciños e demais gorduras, ademais de temer que puidera contraer algunha enfermidade ao non rexeitar os miolos do animal, como a de Creutzfeldt-Jakob. Reprimendas á parte, Barlow elaborou un amplo abano de receitas co cocho como ingrediente fundamental co que pretende achegar aos seus compatriotas unha imaxe do ben que se come por estes lares. O libro, que se pode adquirir por internet, recibiu moi boas críticas en Gran Bretaña. Publicacións como Publishers Weekly ou The Gourmet Retailer falan dunha "aventura extrema do comer" e dunha "perspicaz mirada ao xeito en que a forma de comer nos converte en quen somos".

____

Editorial: Franouren Ediciones
Idioma: Gallego