TIGRES EN MAGNOLIAS: A MAXIA COMO TRANSFORMACIÓN NA ARTE CONTEMPORÁNEA
Tigres en magnolias de María Marco é o ensaio galardoado na segunda edición do Premio CGAC de investigación e ensaio.
O texto, que explora os puntos de contacto entre a maxia e a arte contemporánea, destaca pola súa orixinalidade, produto dunha mirada que interrelaciona o culto e o popular, o persoal e o académico, o internacional e o local ao mesmo tempo que reivindica a figura dalgunhas artistas que, malia o seu talento e a importancia das súas achegas, non figuran nos manuais de historia da arte. María Marco é licenciada en Humanidades e doutora cum laude en Belas Artes. Colabora desde 2014 en El Cultural do xornal El Mundo cubrindo a área de arte contemporánea en Galicia. En 2020 recibiu o Premio Xerais de Novela por Coidadora (Xerais, 2021).
____
Editorial: XUNTA DE GALICIA 2021Idioma: Galego