Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

TEOGONÍA. TRABALLOS E DÍAS. ESCUDO

por HESÍODO
€15,00
ISBN 9788417388362
As obras de Hesíodo TegoníaTraballos e días e Escudo son, xunto coa Ilíada e a Odisea de Homero, os alicerces da literatura occidental. Nelas están os referentes culturais, as imaxes e os recursos poéticos que constitúen o fondo inesgotable ao que acoden os creadores literarios unha e outra vez para dar forma ás súas creacións, conxugando tradición e innovación.

A pegada destas obras tradicionais está moi presente  na poesía galega, desde Pondal a Vaamonde, desde Crecente Vega a Aquilino Iglesia Alvariño,  ou desde Noriega a Claudio Rodríguez Fer. Por outra banda, a Teogonía é a primeira organización ‘racional’ do caótico mundo da tradición mitolóxica clásica, mentres que en Traballos e días aparecen por primeira vez moitas das ideas que sustentan as sociedades modernas: o valor da persoa como ser individual, o recoñecemento do traballo, os valores imprescindibles nos que educar o ser humano, etc.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego