Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

€30,00
ISBN 9788494650024
Mitos e ritos. Cómpre entendelo como unha achega de carácter etnográfica moi valiosa. Articúlase, daquela, a través de dous eixes que son, por un lado, unha descrición xeográfico-antropolóxica da comarca ortigueiresa e, polo outro, un estudo ao que propiamente representan os mitos e o ritos, onde a autora se debruza na romaxe, nos ritos comúns a outros santuarios galegos, nos milladoiros, nas lendas ou nas diversas, e célebres, figuras de pan sen levedar e o seu significado.

Hai corenta e seis anos Xohana Torres gañara o Premio de Etnografía Federico Maciñeira, que convocara a Deputación da Coruña. O texto nunca puido ver a luz ata hai uns meses cando a devandita institución apoiou o seu rescate e a súa publicación. Dun ou doutro xeito dá xenio ler a prosa divulgativa e altamente documentada de Xohana Torres que encerra neste volume onde aproveita calquera fírgoa, por pequena sexa, para abrir aquí e acolá posibilidades de incorporar elementos comparados con outras culturas e tradicións, e de onde precisamente se tira a idea da singularidade de Teixido. Neste libro segue a advertirse o pulso poderoso e intenso que domina o seu estilo, tamén esa visión comprensiva e global desde a que anoa referencias e detalles pouco divulgados conseguindo establecer unha interpretación etnográfica e cultural dun mito que nos singulariza e que, por extensión, convida a visitalo, ou volver visitalo, para sentilo de maneira diferente.

____

Editorial: Engaiolarte
Idioma: Gallego