Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

TECIDO DE VOCES

por AA. VV.
€19,00
ISBN 9788412422603
Hai un momento de culminación do proceso literario do que se fala a miúdo con certo misticismo: ese intre en que a persoa que escribe recibe a súa obra convertida nun libro. Hai aí todo un símbolo da posibilidade de que a escritura saia da intimidade creativa e do sentido comunicativo de toda arte. Mais fóra dese romanticismo místico, o certo é que o momento máis fascinante da creación literaria é o propio proceso en que a autora ou o autor imaxina o seu relato, o seu poema, o seu monólogo, ese anaco de linguaxe que expresa un mundo co que xogamos a modo de deusas inseguras ata dar, case maxicamente, con esa idea, ese concepto que serve para entender o mundo. Iso é a voz. A voz.
 

____

Editorial: Toxosoutos 2021
Idioma: Gallego