Na espiral do opérculo é un repaso a unha década de poesía, un exercicio de resistencia e honestidade cun pouso ecléctico, como cabería agardar dun inventari destas características. Mais que isto non confunda a quen teña a ben achegarse ó libro, xa que o ramallete de versos está solidamente cinguido co adival da coherencia.
A familia, a nostalxia,a perda, pero sobre todo o amor (propio e alleo), representado aquí de moi diversas maneiras, é o eixo sobre o que orbitan uns poemas que, de xeito, dinámico, conseguen conectar co lector sen apenas esforzo.

____
Editorial: Medulia 11- 2024
Idioma: Galego