Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

STUART LITTLE

€17,00
ISBN 9788416884704

Cando a señora Little ten o seu segundo fillo, todo o mundo advirte que non é maior ca un rato. Ademais, o pequeno Stuart parécese moitísimo a un rato en todos os aspectos, polo que os seus pais temen que calquera día escape pola rateira.

Malia o seu tamaño, Stuart Little está sempre disposto á aventura.

E. B. White naceu en Mount Vernon (Nova York) en 1899. Autor de máis dunha ducia de títulos de narrativa, ensaio e poesía, formou parte da Academia Americana das Artes e das Letras. Foi condecorado coa Medalla Laura Ingalls Wilder en 1970 polos seus títulos A arañeira de Charlotte e Stuart Little. 

Ó longo da súa vida, moitos mozos preguntáronlle se as súas historias eran reais. Nunha carta, respondeu: «Son historias imaxinarias. Pero a vida real é só un tipo de vida; tamén está a vida da imaxinación».

____

Traducido ao galego por Moisés Barcia

Editorial: Sushi books; 07-2023

Idioma: Galego