En pleno século XXI, vivimos nunha sociedade patriarcal, intoxicada polas violencias,
especialmente as sexuais, que alcanzan de pleno as nenas e as mulleres, afectando a súa
saúde e benestar e, tamén, a de toda a sociedade.
Neste libro formulamos unha análise das diferentes formas de expresión da violencia
sexual, encadrando estas experiencias ao longo da vida das mulleres, xa que en numerosas
ocasións non son feitos illados, senón un continuo de múltiples violencias.
A magnitude da violencia sexual a nivel mundial vese reflectida nos datos da
Organización Mundial da Saúde, onde se evidencia que unha de cada tres mulleres no mundo
foi vítima de abusos físicos e/ou sexuais. Estas violencias sexuais representan un dos delitos
máis invisibilizados que vulnera os dereitos fundamentais de igualdade, liberdade, integridade
física e moral, converténdose na forma de violencia máis xeneralizada e menos recoñecida do
mundo.
Mudar esta realidade é unha responsabilidade de todas e todos.

______
Editorial: Galaxia 01-2013
Idioma: Galego