Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

SOLDADO CONSTANTE

€17,90
ISBN 9788410324466
Un galego de Bueu na Guerra Civil.

Sinopse e contido
O libro recolle as memorias directas, sen artificios nin amaños, dun veciño da vila pontevedresa de Bueu apelidado ou coñecido como o "Soldado Costante". A través do seu relato en primeira persoa, viaxamos pola súa traxectoria vital dende o seu nacemento no ano 1911 ata o final da Guerra Civil Española. 
Trátase duns testemuños íntimos que o protagonista gardou sempre na memoria e que tradicionalmente só se contaban na casa, ao calor do lume nas noites frías de inverno. A diferenza dos manuais de historia máis académicos, este libro foxe deliberadamente dos números, as listaxes e as estatísticas frías. Pola contra, amosa a cruenta realidade dun soldado á forza, un home común atrapado nun tempo dramático que el non elixiu e que acabou os seus días sen ter nunca a certeza real de se fora un vencedor ou un vencido na contenda. 
Retallos dunhas experiencias directas, no allo, sen amañar, vividas por un protagonista de Bueu, tan só coñecidas na súa casa, que endexamais saíran nos libros pero que a súa memoria sempre gardou nun recuncho escollido,mentres os longos anos da súa vida non llas foron esvaindo, ata mesturárense nese mundo dos camiños escuros, dos que non se sabe cal é o seu destino final.
Unhas memorias contadas nas noites frías do inverno, sentado nun escano a carón do lume da cociña de ferro, que foxen dos números e estatísticas que si saen nas obras dos que non estiveron aló. A testemuña dun soldado á forza, que nunca chegou a ter a certeza de ser vencedor ou vencido.
Fernando Otero Otero
Nace en Bueu en 1954. Titulado Náutico Pesqueiro e da Marina Mercante.
Logo de xubilarse comezou a escribir no campo da narrativa.
Así polo Samartiño de 2010 publicou o seu primeiro libro, "De Petís á Carrasqueira" editado por FECIMO.
Na mesma liña volve con estas memorias directas dun veciño de Bueu, o Soldado Constante, dende o seu nacemento no ano 1911, ata o final da Guerra Civil.
Un tempo moi concreto da súa vida que el non escolleu, pero que lle tocou vivir.
Con este novo volume, Otero reafirma o seu compromiso coa recuperación do patrimonio humano e a memoria histórica da comarca do Morrazo

____

Editorial: Medulia 12/2024
Idioma: Galego
Páxinas: 134
MEMORIA HISTÓRICA
GUERRA CIVIL
BUEU-O MORRAZO