Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

SIR GAWAIN E O CABALEIRO VERDE

por OVIDIO
€16,00
ISBN 9788492866571
Sir Gawain, cabaleiro da Táboa Redonda, acepta o reto do Cabaleiro Verde, que desafía a calquera a batelo a cambio de entregarlle o seu machado para que cumpra con el a súa vontade. Así comeza un dos mellores e máis coñecidos relatos artúricos, que data de finais do século XIV, e que recolle o tema da decapitación, central na mitoloxía celta, así como elementos do seu tempo, como a peste negra.

De autor descoñecido, Sir Gawain e o cabaleiro verde é un dos poemas medievais máis destacados da literatura en lingua inglesa, ata o punto de fascinar ao propio J.R.R. Tolkien, quen se encargou de editar o manuscrito. Esta edición vai precedida dunha introdución a cargo do tradutor, Jorge L. Bueno, na que se explican as peculiaridades desta obra. Esta tradución de Jorge L. Bueno recibiu o Premio Nacional da Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos (AEDEAN) no ano 2014. O premio AEDEAN recoñece a mellor tradución dende a lingua inglesa cara ás linguas oficias do Estado. Con este recoñecemento, Bueno converteuse no primeiro en repetir premio en España, ademais de ser o primeiro premiado con publicacións en linguas diferentes ao castelán.
 

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego