Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

SINDO DE OLELAS

€20,00
ISBN 9788494951138
lelas, concello de Entrimo, provincia de Ourense. Como os seus veciños din ,“unha aldea empoleirada na montaña”. No outro lado dun encoro -todos son familia-, A Várzea xa é Portugal. Terra de músicos. Calquera celebración xira ao redor dun instrumento: “a concertina” (acordeón diatónico).

Como en todas as aldeas contratan unha orquestra o día da festa. Mais aquí o clímax chega xusto no descanso, cando as concertinas soben ao palco e a parroquia enteira baila as danzas que aprenderon dos seus maiores: o vira, o S, e a cana verde. O gran tocador destes tempos foi Sindo, directamente Sindo de Olelas. Como a maioría dos seus veciños emigrou a Francia (polo verán esta é unha aldea bilingúe, campan nela dous idiomas: o galego e o francés). Por suposto, canda a maleta levou tamén o instrumento. E tanta foi a súa paixón que á volta, cando construíu a casa nova, fixo no salón un pequeno palco para poder tocar en toda celebración. Deixounos a finais desta segunda década do século XXI. Mais a tradición continúa. Alén dos propios tocadores de Olelas, os fillos de Sindo bailan nos ranchos portugueses de París. E o seu neto espalla por Francia adiante o repertorio destas montañas. “Olelas ou o asombro. Pedra, cachenas… e concertina. Fenómeno único na Galiza toda. Unha pequena aldea (só sesenta casas) que, por tradición, bailla con este son. Calquera noite de vrao pode soar o vira. Antroido, Matanza, Reis… Non existe (ou existía) celebración, pública ou familiar, na que alguén non pouse os dedos enriba deste instrumento.” Xurxo Souto

____

Editorial: aCentralfolque
Idioma: Gallego