Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

SILENCIO

€14,75
ISBN 9788491514862
Un monllo de relatos dunha delicadeza extrema centrados na natureza humana, mais tamén na natureza orgánica que nos rodea, e que vén sendo un corazón latexante idéntico ao noso.  

Coma un caderno de campo, a ollada de Agustín Agra disecciona os tempos e os espazos para explicarnos que as viaxes polo planeta son viaxes cara a dentro, que as pescudas da verdade case sempre rematan no infinito, e que a existencia pode ser entendida, mellor que coa ciencia, coa literatura. Pagou a pena a espera. Un libro que nos deixará sen alento. Logo dun silencio editorial de cinco anos, volve á narrativa galega Agustín Agra con este primeiro libro en Editorial Galaxia, onde concentra o mellor do seu saber literario. Agustín Agra naceu en Noia en 1966. É licenciado en Bioloxía e membro colaborador da Asociación Cultural Barbantia. Entre as súas obras destacan títulos como O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is, Premio Merlín 2006. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo, en 2004, por Os límites do inimaxinable. Esta é a súa primeira obra en Editorial Galaxia. Foto do autor de María Esteirán.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego