Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

SENTINELAS NO LIMIAR DAS TEBRAS

€15,40
ISBN 9788411763899

Lara, sabela e xurxo descobren que foi cinza, o boticario, quen secuestrou o
seu amigo lois. pero non sospeitan que, se non actúan axiña, lois formará parte
do menú que precisa a moura xerpa para recuperar o seu poder, minguado
durante un letargo secular.
e non só lois: todas as nenas e nenos de claramonte corren perigo mortal.
a única esperanza é que lara e os seus amigos regresen ata o carballo de mondelo
para conseguir a axuda dos misteriosos habitantes da vila máxica que alí se agocha


ANDRÉS CASTRO GARCÍA (A Coruña, 1976) defínese como crítico de cinema, guionista, pai a tempo completo e funcionario no tempo libre. Desde 2013 leva a sección de cinema no Sermos Galiza (Nós Diario). Foi xurado en diversos festivais galegos, participou no libro colectivo Vaca Films, paixón polo cinema, e dirixiu e guionizou varias curtametraxes. Sentinelas da lúa carmesí marca o seu debut na BD.
OZO PEROZO (Xosé A. Perozo Porteiro) naceu en Vigo en1975 e traballa coma director no audiovisual galego,tendo participado en series como A lei de Santos, Método criminal ou Serramoura. Cunha ampla formación como guionista, escribiu para series como O Faro e Fontealba e actualmente imparte cursos de guión cinematográfico. Sentinelas da lúa carmesí é o seu primeiro traballo en banda deseñada.

ALEXANDRE SENANDE DÍAZ naceu en Santiago de Compostela en 1991. Estudou Belas Artes na universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra, e especializouse en debuxo e
guión de cómic na Escola Profesional de Banda Deseñada “O
Garaxe Hermético”. Comezou a súa carreira profesional coa obra Sentinelas da lúa carmesí.

_____

Editorial: GALAXIA 03-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 64
BANDA DESEÑADA