
OBRA COMPLETA
O hobbit Frodo viaxa para destruír o Anel Único e o inimigo provocará unha guerra para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o señor escuro Sauron.
Ambientada na Terra Media, habitada por elfos, hobbits, ananos e humanos, O Señor dos Aneis é a historia do heroe do pobo que, aínda sabendo que o seu destino pode ser fatal, loita por cumplilo, pois del depende a continuidade do seu mundo.
O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. Non comprenden nin gostan de máquinas máis complicadas ca un muíño de auga ou un tear de man, anque son hábiles coas ferramentas. Xa nos tempos antigos desconfiaban polo xeral da "Xente Grande". Teñen o oído agudo e a vista penetrante, e anque tenden a ser gordos e non corren innecesariamente, son de movementos áxiles e lixeiros.En A Irmandade do Anel, o primeiro volume desta triloxía, o Hobbit Frodo Bulseiro recibe un Anel máxico como herdanza do seu tío Bilbo. Para protexer este Anel e evitar que caia nas mans dos servidores do Señor Escuro créase A Irmandade do Anel, composta por representantes dos pobos dos elfos, os homes, os hobbits e os ananos, que acompañarán a Frodo durante unha longa viaxe por terras estrañas e perigosas.Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo.
Escrita como unha secuela d’O Hobbit, esta obra bebe dos contos de fadas e da mitoloxía, especialmente nórdica, e hoxe forma parte da cultura popular, xa que é unha das obras máis lidas da literatura actual, cuns 150 millones de exemplares vendidos.
3ª Edición. abril 2025
TRADUTOR: Moisés Barcia
J. R. R. Tolkien, nado en Bloemfontein o 3 de xaneiro de 1892 e finado en Bournemouth o 2 de setembro de 1973, foi un escritor, poeta, filólogo e profesor de universidade inglés de orixe surafricana, coñecido polas obras O hobbit e O señor dos aneis. Aínda que outros autores anteriores xa tiveran publicado obras de fantasía antes ca Tolkien, a popularidade das súas obras fixo que se lle identifique popularmente coma o “pai” da literatura fantástica moderna. En 2008, o xornal The Times clasificouno no sexto posto nunha lista dos “50 escritores británicos máis importantes dende 1945
_____
Editorial: Sushi books 11-2018
Idioma: Galego
Páxinas: 892
XUVENIL
A PARTIR DE 14 ANOS
FANTASÍA; MAXIA
FICCIÓN
ILUSTRADO EN BRANCO E NEGRO
PATA DURA FORRADA EN TEA
ESTAMPADO EN OURO