Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

SENILIDADE

€20,00
ISBN 9791387877125

Emilio Brentani, oficinista e escritor, está condenado a vivir baixo o sufocante ambiente provinciano da cidade de Trieste. Quere consolidar a súa carreira literaria, pero cada día cédelle máis terreo a unha realidade dominada pola culpa e un moralismo hipócrita. Vive coa súa irmá Amalia, pero cando esta se namora dun amigo seu escultor, Emilio sofre unha culpa que non pode sandar, porque tamén el está obsesivamente namorado de Angelina.

O máis importante desta sutil novela de Svevo ocorre sempre en segredo, entre as sombras, lonxe da consciencia.

Esta edición parte dunha revisión actualizada da tradución publicada en 2010 co título Senectude.

Italo Svevo

De verdadeiro nome Aron Hector Schmitz, Italo Svevo naceu en Trieste en 1861, cando a cidade pertencía ao Imperio Austrohúngaro. En 1892 publicou a súa primeira novela, titulada Unha vida. En 1896, comezou a colaborar en distintos xornais, e publicou por entregas nun deles a súa segunda novela, Senilidade (1898). A obra acadou unha escasa repercusión e Svevo abandonou a literatura para dedicarse só ao comercio. En 1907 coñeceu a James Joyce, daquela exiliado en Trieste, e entre ambos os dous nacería unha fonda amizade. Volveu á literatura en 1919, ano no que comeza a escribir a súa terceira novela,  A conciencia de Zeno, unha das obras mestras do século xx. Morreu en 1928.

____

Editorial: Rinoceronte 02-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 250
FICCIÓN, NARRATIVA
CONTEMPORÁNEA
EUROPA