Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

SEMEJANZA

€21,95
ISBN 9788494947773

Semejanza é a tradución ao español dolibro A semellanza (1988), unha das entregas narrativas máis inquedantes de María Xosé Queizán. Ambientada nos anos 80, narra a vida de Juanjo -un mozo nado nunha familia burguesa lucense- na busca da súa identidade personal e sexual. A autora soubo adentrarse nos ambientes do Lugo tradicional, nas cáusticas tertulias dos intelectuais, como o pai de Juanjo; e desviar a súa ollada ao territorio privado das vidas das mulleres, na salita da súa casa, onde o neno iniciarase nos xogos eróticos da man da súa nai, Merceditas. Pero pronto se desatará a súa auténtica pulsión “como se tocaran trompetas celestiais e os ceos se abrisen en horizontes amarelos”; e protagonizará as festas gays aderezadas con diálogos hiperbólicos e máscaras femininas que o propio Juanjo rexeitará, a medida que avanza a súa toma de conciencia. Dende o seu momento, Juanjo inicia o seu proceso de transformación xenérica e sexual repregándose ás demandas das súas distintas parellas de ambos sexos.

____

Editorial: Tulipa

Idioma: Castellano