Esta é unha novela sorprendente que mergulla a quen a teña nas mans nas profundidades dun Ourense descoñecido.
Porque o que ninguén sabía é que baixo das pedras da cidade se oculta un mundo de demos vingativos, un Averno espantoso que agocha segredos incribles polos que moitos poderían chegar a matar. Esta é unha novela de bruxería e corrupción, de demos que aprenden a ser mellores e de homes que poñen a súa vida ao servizo de causas satánicas. Andrés Pombo Graña debuta na narrativa galega cunha novela de enorme madureza que vai enguedellarnos dende os primeiros capítulos para non soltarnos. Malia o terror que ás veces se agocha entre as súas páxinas. Malia a escuridade toda. Unha novela luminosa.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego