Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

ROSALIA DE CASTRO, ESTRANXEIRA NA SUA PATRIA

€23,00
ISBN 978848967999

Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe) é un libro redixido ao longo do ano 2010, ano en que se facían 125 anos da morte de Rosalía, e que ve a luz en 2011. Redixido en 2010 mais que, en palabras do autor, “recolle as cavilacións e as conclusións dos últimos anos, como lector e investigador da obra rosaliana”.

Unha obra que ofrece unha lectura que parte do contexto da poeta, do coñecemento explicativo e causal da súa obra íntegra, para traela á marcha da historia, coa súa incomparábel e única lucidez e tormento. Tal como se xerou e como combateu, na súa tendencia e intencionalidade. O libro desenvolvido para informar, explicar e valorar, con máis fundamento de causa, deitando máis luz, Rosalía e a súa obra.

____

Editorial: AS-PG
Idioma: Galego