RITUAIS
ISBN 9788495415127
Galería fotográfica especial de Vitor Vaqueiro con 60 imaxes cos textos de Xosé Manuel González Reboredo, Margarita Ledo.
É tempo de rituais sagrados. Propómosche unha viaxe visual pola relación da cultura galega co sagrado, co proceso de intercambio co outromundo ou, o que é o mesmo, con nós mesmos. É tempo de Rituais, o libro de fotografía de Vítor Vaqueiro creado para o Consello da Cultura Galega, que agora podes consultar a través desta galería fotográfica especial con 60 imaxes.
Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948) estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago. Despois de exercer a docencia no ensino medio, Vítor dedicouse profesionalmente á fotografía e expoñendo en Galicia, Portugal e Bretaña, así como á docencia desta disciplina. Xunto a esta actividade, Vítor Vaqueiro desenvolveu unha intensa produción literaria e de divulgación. No eido da poesía, Vaqueiro ten escrito libros como A cámara de néboa (1989) ou A fraga prateada (1983, Premio da Crítica Española). No ámbito da divulgación, Vítor Vaqueiro escribiu en colaboración con X.M. González Reboredo a Guía das festas populares de Galicia (1997) e a Guía da Galiza Máxica (1998).
____
Editorial: Consello da Cultura Galega
Idioma: Castellano