Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

RIQUEZA NACIONAL Y BIENESTAR SOCIAL

€9,00
ISBN 9788481588873

 El objetivo principal de este volumen es esbozar una hoja de ruta válida a escala mundial sobre qué nivel de crecimiento es compatible con la sostenibilidad global del planeta y, al mismo tiempo, nos permita alcanzar una satisfactoria inclusividad y desarrollo social.


Quiere ser útil tanto para ciudadanos de países hiper consumistas e hiper capitalistas, como para aquellos otros que, estando aún hoy lejos de aquellos, envidian y persiguen el alcanzarlos cuanto antes. Por ver si así dejamos de alimentar mucho crecimiento con poco desarrollo, y pasamos a obtener mucho más desarrollo con menos crecimiento.

Más desarrollo con menos crecimiento, este é o título do novo libro do investigador de Ecobas Albino Prada, unha folla de ruta “válida a escala mundial” sobre que nivel de crecemento económico é compatible coa sostenibilidade global do planeta e o benestar dos seus habitantes. Editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo dentro da colección Miscelánea, este ensaio está escrito nunha linguaxe moi accesible, de xeito que as ideas que nel se expoñen poidan chegar con claridade a todas aquelas persoas que queiran informarse sobre que camiños deben emprenderse se o destino ao que se aspira chegar é unha sociedade máis xusta e igualitaria, máis pendente do benestar dos seus cidadáns que do crecemento constante do seu Produto Interior Bruto.

A obra nace coa idea de “sacar do gueto académico” o froito de todo o traballo de investigación realizado por Prada ao longo dos últimos sete anos en colaboración con outro investigador de Ecobas, Patricio Sánchez. “Tiña a sensación de que todo ese esforzo non transcendía ao conxunto da sociedade e que debíamos achegar esa información ao ámbito da divulgación social”, recalca Prada. Nos seus estudos puideron comprobar que determinados países ou rexións, tendo un nivel relativamente alto ou alto en riqueza, medido no Produto Interior Bruto per capita, baixaban moitos postos se o que se medía era o benestar social; e viceversa, rexións que, cunha riqueza máis modesta, acadaban niveis moito maiores de benestar social. “Puidemos comprobar que isto era algo que pasaba con relativa frecuencia”, admite Prada, ao que engade que estes estudos iniciais foron ampliados cun terceiro nivel no que decidiron pór o foco unicamente na poboación infantil e o resultado, recollido no capítulo 4 deste ensaio, foi o mesmo: máis riqueza non sempre se traduce en maior benestar. “Chama moito a atención, por exemplo, e así o recollo no libro, a situación da poboación infantil entre Estados Unidos e Cuba”, apunta o autor.

Repetiranse no 2021 os erros que se cometeron en 2008?
O ensaio está salpicado de exemplos cos que visibilizar como inflúen todos estas cuestións na situación económica actual. Xa na introdución, Prada achega ao lector á crise económica de 2008, unha crise da que España saíu relativamente ben, na medida en que foi quen de ir recuperando o PIB a un ritmo notable, pero perdendo polo camiño moitas posicións en benestar social, tal e como se reflectiu nun informe do Foro Económico Mundial. “Este é un exemplo recente para España de como se pode ter un éxito importante en crecemento económico, pero sen que ese éxito se transforme en benestar social”.

O ensaio tampouco é alleo á crise económica actual, provocada por unha pandemia que ninguén agardaba e que trouxo consigo un colapso económico importante e unha caída dun 11% do PIB. “Neste caso o que me parece máis sintomático e preocupante é que practicamente todo o mundo querería recuperar eses puntos do PIB e, se fose posible, todos dun golpe. Xa nin sequera parece un éxito medrar arredor dun 6% nun ano, que é onde se sitúan as últimas previsións do goberno”, recalca o investigador, quen emprega este ensaio para defender con firmeza a idea de que “chegaría con medrar ao 5%, sempre e cando ese crecemento se transforme en benestar social. De que nos vale medrar ao 10 ou ao 15% se o nivel de benestar social empeora?”, insiste o investigador.

Como se mide o nivel de benestar dunha sociedade?
Para coñecer en detalle o nivel de benestar dunha sociedade, o economista salienta a necesidade de fixarse en dous grandes vectores: por unha banda, que ese crecemento sexa sostible socialmente e, pola outra, que tamén sexa sostible desde o punto de vista do medio ambiente. A nivel social, recalca a importancia de ver si se está a mellorar a cobertura e calidade da rede sanitaria dun país, da protección social dos seus cidadáns, si se vela porque se manteña a equidade e se loita contra as desigualdades, si se está xerando emprego de calidade... “Se medra moito o PIB pero todas estas cuestións son cada vez máis débiles e de menor calidade, de que vale tanto crecemento?”, recalca o autor do ensaio.

No referido ao benestar ambiental, do que se trata é de evitar o que denomina “colapso climático”, non se trata de adaptarse a un posible cambio climático, senón de evitar chegar a ese escenario. Desde o seu punto de vista, e así o defende neste ensaio, pode medrar moito o PIB, pero ao tempo, por exemplo, estar potenciando a rede de transporte privado e non o colectivo, que é máis sostible e que axudaría a evitar ese colapso; pódese estar desenvolvendo estratexias enerxéticas moi centralizadas ou pode optarse por mudalas por outras nas que se teña máis autonomía e que poderían ser máis resilientes ante calquera colapso; poden promoverse as fontes de enerxías renovables e, ao mesmo tempo desnuclearizar o país...

“Todas estas reflexións son útiles no momento actual para decidir cal é o ritmo de crecemento que interesa e que é compatible coa mellora do benestar social”, recalca Prada.

"Non se trata de emular aos máis ricos, senón a quen acada máis benestar"
O último capítulo do libro está centrado de xeito exclusivo en formular propostas que permitan que a relación entre un nivel de riqueza dun país ou dunha rexión co seu nivel de desenvolvemento ou benestar social estea máis igualado. “Non se trata de emular ao máis ricos, senón a algúns menos ricos que alcanzaron logros de desenvolvemento semellantes”, explica Prada, quen fai unha clara defensa dunha educación e sanidade universais e públicas, algo clave para o benestar e estabilidade da poboación a escala mundial. “No ensaio enumero propostas de actuación para lograr maiores niveis de desenvolvemento sen maior PIB, con menos salarios, pero con moito máis tempo libre dispoñible para todos aqueles usos da riqueza social que xeran desenvolvemento e nos que o exceso nunca significa malgastar”, recalca Prada.

O exemplo da transición dixital
Entre os múltiples exemplos que Prada pon sobre a mesa atópase o da denominada transición dixital. Se ben na actualidade semella haber unha alianza mundial a prol da dixitalización, o ensaio advirte da necesidade de pararnos e pensar que cousas son convenientes dixitalizar e cales non. “Podemos decidir que hai actividades, por exemplo no sector servizos, nas que consideramos máis importantes outros obxectivos: o emprego humano directo, que non quero que o faga desaparecer a dixitalización e, ao mesmo tempo, a posibilidade de gañar en autonomía, en resiliencia e en capacidade de poder prestar eses servizos dunha maneira descentralizada e con recursos locais”.

Tal e como explica o autor, este e outros moitos exemplos aos que pode acceder o lector neste ensaio, son temas non menores que dan unha idea clara de como o traballo de investigación de persoas expertas en crecemento económico ten derivacións “moi concretas e moi visibles” no día a día de calquera persoa.

_____

 

Editorial: Universidade de Vigo

Idioma: Castellano