Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

RIANXO NA SÚA HISTORIA: CONSECUENCIAS DA GUERRA CIVIL (1936-1939)

€25,00
ISBN 9788498121209
É realmente asombrosa a enorme a minuciosa investigación que lle serve de base a este texto. Remóntase aos anos 1970. É un labor paciente, constante e seguramente moi de custosa realización. Os datos que aportan son fiables e están certificados por unha documentación extraída dos máis variados arquivos de dentro e, sobre todo, de fóra do municipio de Rianxo, onde tales escritos aínda se conservan.  

Porque non se debe esquecer que moitos dos arquivos foron borrados do mapa polos mesmos que, enardecidos polas ansias de poder e "actitude de servizo" ao golpe de Estado que se estaba a producir, desexaban executar con brillantez a folla de ruta que lle marcaba o falanxismo local como "acto de servicio a la Causa". Por iso, procuraron borrar toda pegada que os delatara das súas falcatruadas delicuescentes e mesmo criminais. Iso constituiría unha proba da súa "brillante folla de servizos" como adeptos incondicionais do golpe de Estado contra a II República. Por iso, fixéronos desaparecer toda documentación comprometedora. Pero Comoxo e Santos persistiron no seu empeño. Hai, ademais, algo que me parece de suma importancia para a veracidade de tales datos: o testemuño directo das persoas que viviron e padeceron aqueles terribles acontecementos. Neste senso, este libro vén sendo como unha continuación doutro dos mesmos autores titulado Saúde e República. Política e Sociedade, Rianxo 1930-1936. É coma unha enorme lanza de luz que se proxecta sobre as tétricas tebras dun período da nosa Historia que permanecía sepultado no silencio dunha profunda foxa común baixo unha lousa ata agora inamovible. Os autores mesmos confesan que "recuperar o pasado dun pobo, aínda que sexa dun período tan curto, cando apenas hai referencias doutros historiadores e falta a maior parte da documentación, é terriblemente difícil. Os autores foron conscientes diso desde o primeiro intre, pero non cederon no seu empeño". Neste sentido, na súa redacción hai dúas formulacións que son transcendentais para os feitos e as fechorías relatados: 1) a listaxe dos protagonistas con nomes e apelidos; 2) que sitúan a cadaquén no seu debido lugar para o ben e para o mal. Por iso, case seguro que levantará algunhas ampolas aínda tanto tempo despois. Pero, se é inevitable, son tamén incomparablemente maiores os beneficios que aporta. Parabéns, queridos rianxeiros! Por Manuel Dourado (Galicia Hoxe, 16-10-2010)

____

Editorial: Deputación da Coruña
Idioma: Gallego