A obra consta de catro capítulos. No primeiro faise unha diagnose da situación actual, tanto a nivel mundial como europeo e galego. Existen problemas xerais mais tamén outros específicos que van requirir respostas específicas. O segundo capítulo establece o marco teórico no que debería desenvolverse o modelo agrario. O terceiro analiza as potencialidades do noso rural de cara a enfrontar os novos tempos e o cuarto recolle as leccións aprendidas e as que non nunha reflexión final.
A publicación remata con dez experiencias produtivas innovadoras que teñen abrollado no pais ao longo dos últimos anos e que poden servir de exemplo para seren replicadas noutros contextos. Unha interesante revisión do mundo rural e agrario de plena actualidade.
____
Editorial: BolandaIdioma: Gallego