Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

RECEITAS DE INVERNO DESDE A COMUNIDADE

€18,00
ISBN 9788412318333

Receitas de inverno desde a comunidade é un libro sorprendente, en parte porque ninguén esperaría que Louise Glück reunise uns poemas de apariencia tan sinxela para a súa primeira publicación despois de recibir o prestixioso Premio Nobel. Se o seu libro anterior, Noite fiel e virtuosa era un despregamento de recursos que refundaban a súa poesía, agora asistimos a unha inquietante estilización da voz e da expresión. O que en Noite fiel e virtuosa era poñernos diante do abismo da morte, en Receitas de inverno desde a comunidade é colocarnos ante a fiestra do único que en realidade coñecemos: a vida. O poema diversifícase. A temática destílase. A aparataxe simbólica depúrase ou deslízase por superficies retorcidas como paisaxes surrealistas. Aparecen os temas predilectos de Glück e, por suposto, non pode faltar a súa irmá morta, a súa nai ou as historias de amantes sádicos. Todo o seu mundo está aí, incluso as nosas vidas.

 

Louise Elisabeth Glück [Nova York, 1943] é unha das poeta norteamericanas de maior recoñecemento na actualidade. Ademais do Nobel, recibiu algúns dos máis prestixiosos garalardos do seu país, entre eles o Pulitzer por The Wild Iris en 1993. En 2020 converteuse na decimosexta muller en obter o Nobel de Literatura.

____

Editorial: Chan da Pólvora 2021
Idioma: Galego