RAZÓNS DE PESO. DESBORDAMENTOS, DESEXOS E OUTRAS INCOMUNIDADES GORDAS
€19,90
ISBN 9791399205800
Este é un libro incómodo. Non foi escrito para agradar, senón para abrir espazo. Fala do peso que non marcan as básculas: o peso simbólico que cargan os corpos gordos e o peso político de habitalos. O peso das miradas, das humillacións e das violencias; mais tamén o das apertas, dos risos, da memoria e do desexo. Estas páxinas debuxan unha cartografía colectiva de carne, rabia e pracer que desafía a estreiteza de miras e cuestiona a lóxica do medo, do normativo e do hexemónico. Aquilo que o sistema quixo converter en vergoña transfórmase aquí en orgullo. Agora fica nas túas mans, para que tamén ti, sexas parte deste desbordamento. Coordinado por Andrea Nunes Brións e Leticia Citoula. Colaboran: Leticia Citoula, Andre Bosque, Mercè Nebot Ventura, Vanessa Glemsel, Violeta Maroto Romero, Adriana Guede, Antonella Rodríguez Acosta, Ailén Kendelman e Areta Bolado, Lucía Aldao, Andrea Rico Adega, Iván Folgueira Pérez, Angelly Ferreiro Silva, Vanesa de Sousa García, Aranxa Vicens, Alba Cobo, Andrea Nunes Brións e María Von Touceda.
____
Editorial: Catro Ventos 04-2026
Idioma: Galego
Páxinas:
NARRATIVA