Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

RAMÓN PIÑEIRO. FILOSOFÍA DA SAUDADE

€14,00
ISBN 9788445355121

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades recupera con este volume un ensaio referencial de Ramón Piñeiro publicado orixinalmente en 1984.
Filosofía da saudade, unha obra que agora é reeditada pola profesora Rocío Carolo nunha edición anotada que conta cun longo estudo introdutorio da súa autoría e unha ampla bibliografía final. Filosofía da saudade reúne cinco traballos que o filósofo de Láncara fora dando a coñecer entre as décadas dos cincuenta e os setenta do pasado século: “A filosofía e o home” (1955), “Significado metafísico da saudade” (1951), “Para unha filosofía da saudade” (1953), “Saudade e soidade, dimensión do home” (1975) e “A saudade en Rosalía” (1952).

____

Editorial: Xunta de Galicia 06-2025
Idioma: GALEGO
Páxinas: 120
GALEGUISMO