Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre.
XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.
Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio: a ruptura coa familia e a estirpe para pescudar quen somos, a vivencia da morte dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor. Hai feridas que botan raíces, e no seu centro atopamos, ás veces, unha poesía de fendas. E por iso este tamén é un libro sobre a procura da palabra poética como fisura derradeira, co que a autora pon fin a un ciclo: porque cando a fisura chega a nós para modificarnos, para dividirnos, faise difícil volver á casa, recuperar o que eramos antes.

____