Este libro está pensado para responder de maneira sinxela todas as preguntas que se nos ocorran despois de ver noticias sobre a guerra.
Comprender como funcionan as guerras, as súas causas e consecuencias é o primeiro paso para a paz.
Cicerón definiu a guerra como a afirmación pola forza. Dous mil anos despois e ao espertar do século máis mortífero da súa historia, a humanidade pode, máis que nunca, facela desaparecer. Para iso, é necesario comprender cales son todos os seus mecanismos, as súas causas, os seus efectos e consecuencias. Coñecer a guerra é o primeiro paso cara á paz.
Este libro explica de maneira sintética e a través breves recordatorios históricos o que é a guerra así como todos os medios despregados co fin de evitala.
Eduard Altarriba é deseñador gráfico e ilustrador. Traballa en Alababalà, un estudio que ofrece servizos de edición e creación de proxectos editoriais dirixidos ó público infantil, que lle permite facer o que máis lle gusta: libros, xogos, exposicións, animacións e aplicacións que resulten prácticos, instrutivos, significativos e amenos.
Traducido por Moisés Barcia
____
Editorial: Sushi book 11-2024
Idioma: Galego