Pyongyang ofrece unha ollada persoal, intelixente e irónica sobre un dos países máis herméticos e tiránicos do mundo: Corea do Norte.
O traballo de Guy Delisle nun estudio de animación lévao a vivir experiencias que só alí poden ser cotiás: moverse baixo constante vixilancia, iniciar debates estériles sobre a liberdade ou converterse facilmente en alguén “contrarrevolucionario”. Unha testemuña de luxo para retratar como cobra vida a distopía de Orwell en 1984, nunha sociedade submisa rendida á propaganda frenética dun poder paranoico.
Idioma: Gallego

____
Editorial: RinoceronteIdioma: Gallego