Ausela pérdese na gran chaira deserta que cobre case totalmente Púrpura Tero, e busca acubillo nunha cova. onde agarda a que a súa cuadrilla a atope, mentres non dexia de pensar no boxecto que viu caer desde o espazo.
No seu planeta abrolla unha planta con propiedade especiais moi cobizada por toda a galaxia. Se desen con ela, podería significar a fin da vida dos chairegos tal e como a coñecen.
Ausela e a súa cuadrilla terán que facer fronte a unha ameaza insospeitada para salvar a vida e a súa cultura.
David Cortizo Conde
Naceu en Guxilde, na parroquia de Alba (Pontevedra), en 1978. Desde moi novo, grazas ás autoras e autores da xeración Lamote, foi un ávido lector de literatura infantil e xuvenil, e continúa a selo. Tras un periplo profesional que o levou a traballar nunha fábrica de repostería industrial, nun restaurante de comida rápida, repartindo e montando mobles, e mesmo no sector do metal, chegou como comercial ao mundo do libro, onde foi editor e unha das persoas fundadoras da editorial Cuarto de Inverno. Continúa ligado ao sector editorial e, desde 2023, preside a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix).
Púrpura Tero é a súa primeira obra publicada.