Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

PRANA APANA

€14,70
ISBN 9788491514596
É  un proxecto que, nun contexto onde a cultura é visual, busca mostrar unha poesía da intimidade comunicándose a través dunha linguaxe de imaxes e palabras.

Introdúcese entre as cousas. Tradúceas a un idioma ignoto. Ese idioma tamén é para el alleo, nada propio lle pertence. Sente o seu país como unha paisaxe que interpretar, algo que soamente pode absorver do mesmo xeito que as metáfosas absorven e condensan o senso das verbas. O poeta leva tanto tempo a cruzar fronteiras que agora tamén é un intruso na súa casa, no seu país, na súa lingua. Tradutor entre os diferentes mundos,dálle a quen le acceso a eles. Escribe coma se estivese ao outro lado do muro: a man atravesa a parede e redacta sen que o poeta saiba como son os signos que traza nun misterioso papel pautado por un estraño a quen non coñece nin endexamais ha coñecer..

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego