Reúnese nesta obra unha selección de traballos que o autor de Merlín e familia foi sementando por variadas publicacións, e onde, unhas veces de xeito tanxencial, outras específico, fai referencia a Pontevedra cidade, á provincia e as súas vilas, tradicións, gastronomía e paisaxes. Unha escolma que permite un achegamento á identidade dun territorio rebordado de literatura, mitos e lendas. Unha viaxe por Pontevedra, guiados pola pluma de Álvaro Cunqueiro.
____
Idioma: Galego