Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

POLO REGO

por VV.AA
€19,90
ISBN 9788494915475

O agro galego é un terreo fértil en saberes. É coma unha grande universidade chea de mestras e mestres sabios dispostos a compartir parte do que levan aprendido da terra. Os protagonistas de Polo rego son xente que traballa o campo cunha especial paixón e experiencia nas plantas, na horta e nos seus froitos. Son quen de transmitir o que saben de xeito sinxelo, sen reviravoltas, con entusiasmo e humor. 

Este libro recolle o mellor da 1.ª tempada do programa da TVG, con consellos sobre agricultura sustentable e xardinaxe, propostas de cestaría, trucos e remedios para a horta e as pragas, receitas para os froitos da terra, información útil sobre a compostaxe e ideas para aproveitar os beneficios das plantas silvestres. Con este libro entre as mans, todo vai ir polo rego! Estes son os protagonistas de Polo rego:
  • Carme (mestra de Sabores e Saberes)
  • David (mestre de Podas e Pragas)
  • Lola (mestra de Cestaría)
  • Patri (mestra de Plantas Silvestres)
  • Rosendo (mestre de Agricultura Sustentable e Xardíns)
  • Yago (mestre de Horta na Casa)

____

Editorial: Catro Ventos
Idioma: Gallego