{"product_id":"poemaforos","title":"POEMÁFOROS","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eSegundo libro da Colección Moraima, este tesouro cheo de sorpresas que é Poemáforos, de caste grega o seu nome, diríase que é coma un arcano gardarroupa repleto de roupaxes de valor, o valor que teñen os pensamentos deixados ao antollo do fado, dentro do colo dun gastado libro, un segredo gardado, como o testemuño esquecido nas páxinas do sorbedoiro da vida, as cales abrollan agora de súpeto, cheas de xenio e carácter.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eEstes Poemáforos son poesía, pero moito máis que un simple axitar da lira. Están cheos de belixerancia e a súa presenza editorial é unha declaración de principios. Sitúanse do lado incorrecto, politicamente falando, no seu tempo e no tempo de hoxe. Hai neles toda intención política e ideolóxica posíbel.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eA temática é variada e recorrente no caso da poesía de Celso Emilio: Galicia, emigración, os intelectuais do seu tempo, o poder, o desterro, a cultura, a amizade, a liberdade, o amor, etc. Este Libro roxo dos aforismos, ágape de aforismos moi ferreirianos que o envolve todo, crea ese artefacto de cincuenta e cinco anos de idade —fogar onde viviron esquecidos—, esta arma poética aforística sen contemplacións ao respectábel.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eComo barrenos nunha noite estrelada e apracíbel.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: LUSCOFUSCO 01-2025\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 238\u003cbr\u003e\u003cspan\u003ePOESIA\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"CELSO EMILIO FERREIRO","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52663101194587,"sku":"9791399098594","price":22.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/979139909859.jpg?v=1774475327","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/poemaforos","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}