Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

POB. 1280

€18,50
ISBN WP1174
Pob. 1.280 (1964), a última gran novela de Thompson, conxuga e refina temas, motivos e técnicas que o autor xa visitara con anterioridade. Ambientada no Sur profundo dos Estados Unidos a principios do XX, presenta unha historia narrada en primeira persoa polo seu protagonista, o shériff Nick Corey. Tradución do inglés de Eva Almazán

Polo que o propio Corey nos conta, non é o shériff máis espelido –nin máis traballador– do mundo: o seu lema é mirar para outro lado e non intervir, salvo que zafarse lle resulte totalmente imposible. Máis ca impoñer a lei interésalle comer, durmir, vivir tranquilo e sacar uns cartiños en subornos á autoridade. O malo é que sempre hai quen porfía en complicarlle a vida: a harpía da muller, o cuñado deficiente mental, os proxenetas da vila, as dúas amantes, o novo candidato a shériff... As cousas vanse complicando e Corey non deixa de enredalas máis aínda, pois é máis parvo ca feito de encarga... ou quizais non?

____