Nun cabaré, a medio camiño entre a realidade e a fantasía, asistimos á desesperada metamorfose de Juliette como a única saída ao tedio da existencia.
Unha fuxida cara a ningunha parte que Casandra, guiada só polo que ve nos soños que a asedian cada vez con máis frecuencia desde hai algún tempo, intentará deter para evitar unha traxedia tan irremediábel como previsíbel, e que, talvez precisamente por iso, nos fai sentir un abismo baixo os pés. Así, cun nó de vertixe no estómago, ficamos a ollar o espectáculo -denigrante e tenro asemade- dunhas personaxes imposíbeis que tecen e destecen neste inframundo os seus soños máis íntimos, que ensaian cada noite ousados pasos de ballet na corda frouxa da loucura, por veces flirteando inxenuamente coa morte, en canto finxen outras vidas para esqueceren as propias. E, sempre, de fondo, as bonecas de plástico que observan con noxo -recreándose morbosamente na dor allea-, o devir da traxedia.

____