PLANTAS MEDICINAIS E REMEDIOS CURATIVOS DA ETNOBOTÁNICA GALEGA
52 plantas medicinais e 110 remedios curativos.
O antropólogo Rafael Quntía e a profesora Pilar Silva combinan nesta obra o seus coñecementos etnográficos e fitoterapéuticos para ofrecernos un completo manual práctico de medicina herbolaria galega no que se dan a man a tradición e os coñecementos en fitoterapia máis recentes.
O presente libro afonda nos saberes etnobotánicos galegos e revisa e actualiza os coñecementos e usos tradicionais das plantas medicinais para crear un manual dos seus usos terapéuticos. "Plantas medicinais e remedios curativos" aborda de forma rigorosa todos os pasos para crear a túa propia botica herbal na casa.
Unha auténtica guía para a identificación das plantas curativas, a súa recolección, secado e procesado, asi como un completo receitario de remedios herbais clasificados por doenzas e un amplo catálogo de plantas medicinais de propiedades e usos terapéuticos cientificamente contrastados.
En definitiva, unha obra imprescindible para as persoas que queiran iniciarse no coñecemento e uso serio e eficaz das herbas medicinais en Galicia. Unha forma de reconectar cos saberes ancestrais na procura da saúde e do benestar a través dos dons da natureza.
Presentación da obra..
A etnobotánica...
A fitoterapia...
Recolección, secado e almacenamento de plantas medicinais..
A recolección....
O secado..
O almacenamento....
Preparados medicinais....
Infusións...
Decoccións...
Maceracións...
Xaropes...
Tinturas..
Viños....
Oleatos...
Aceites esenciais..
Cataplasmas....
Compresas..
Apósitos.....
Emplastos...
Baños..
Bafos...
Locións.
Pomadas..
Gargarexos e enxaugues.
Lavativas e enemas.
Plantas medicinais na cultura galega.
Remedios curativos
Sistema imunitario.
Aparello respiratorio
Sistema nervioso.
Sistema cardiovascular.
Sistema dixestivo.
Aparello xenitourinario
Sistema endocrino e saúde hormonal.
Sistema musculoesquelético.
Estado febril
Boca, oídos, ollos.
Pel.
Beleza
Caixa de remedios herbais.
Bibliografía.
O AUTOR
Rafael Quintía Pereira (Vigo1971, aínda que estreitamente vencellado á parroquia de Salcedo, Pontevedra) é un dos antropólogos, escritores e divulgadores máis activos e destacados da cultura popular e o patrimonio inmaterial de Galicia. Cunha traxectoria polifacética, combina a investigación científica coa docencia, o activismo social e a creación audiovisual.
- Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED.
- Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Posúe un Mestrado en Educación Secundaria (especialidade de Xeografía e Historia) e avanzou nos seus estudos como doutorando en Historia Contemporánea.
-
É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).
- Foi vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGANTRO).
-
Participou activamente como músico tradicional e foi fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca.
Como documentalista, guionizou e dirixiu arredor de 9 documentais focados en rescatar a memoria histórica, os mitos e os ritos de Galicia.
- Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016) pola súa obra Mariña: de deusa a santa (publicada por Editorial Galaxia).
- Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) polo traballo Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega.
- Premio de Investigación Ferro Couselo (2017).
- Premio de Investigación Xermade na Historia (2019) polo seu estudo A aboreada das mázcaras, centrado nos Entroidos tradicionais.
- Premio de Investigación Luís Cuadrado (2010) polo seu estudo antropolóxico sobre o santuario marítimo de A Nosa Señora da Lanzada.
Pilar Silva Moruja
Traballadora social, mediadora acreditada polo Ministerio de Xustiza, directora de Tempo Libre e artesá certificada pola Xunta de Galicia. Como traballadora social desenvolveu a súa traxectoria en entidades de atención sociosanitaria e do terceiro sector da acción social, asumindo responsabilidades na area de Traballo Social, coordinando escolas de tempo libre e promovendo programas de animación sociocultural.
Conta con experiencia como orientadora sociolaboral.
Dende o ano 2006 exerce como docente impartindo formación profesional regrada nos ciclos superiores de Integración Social, Educación Infantil, Animación Sociocultural e Turística e no ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. E tamén formadora nos Certificados de Profesionalidade da familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade.
Posúe unha ampla experiencia como traballadora social, docente, educadora e directora de Tempo Libre. Especialista en atención sociosanitaria, intervención con persoas en situación de dependencia, igualdade, desenvolvemento evolutivo, estimulacion cognitiva, educación emocional e acompanamento a familias en situación de especial vulnerabilidade.
Ademais, conta con formación en htoterapia; igualdade: mediación na rama civil, familiar, mercantil, intercultural, educativa e comunitaria e, actualmente, cursa o Grao en Antro- poloxía Social e Cultural.
É autora de catro libros de formación sobre atención sociosanitaria a persoas en situación de dependencia e sobre actividades educativas de tempo libre.
____
Editorial: SAGA 10-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 276
NATUREZA
BOTANICA
PLANTAS MEDICINAÍS
ANTROPOLOXIA