Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

PIROCTENIA

€16,10
ISBN 9788411763486

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2024

Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distancia e a onda expansiva absorbe o aire que a rodeaba.
E o aire é o que lles falta aos homes e mulleres protagonistas desta novela coral, onde asistimos aos efectos que tan tráxico suceso causa na familia propietaria da pirotecnia, nos veciños da vila, na opinión pública e na clase política.
Narrada co pulso da mellor novela negra e da crónica xornalística, Alberto Ramos constrúe unha arañeira de mentiras, enganos e traizóns onde o lector quedará atrapado ata o remate, mentres tenta recompoñer, entre o cheiro acre da pólvora e da morte, o verdadeiro crebacabezas do que aconteceu.

Alberto Ramos
(Santiago de Compostela, 1986). Licenciado en xornalismo pola Universidade de Santiago, traballou na sección de cultura de Xornal de Galicia e actualmente faino na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

No ámbito literario recibiu premios como o Biblos Pazos de Galicia pola novela Dor pantasma (2006), o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia (2009) por Con acuse de recibo e, en 2012, o Premio Vicente Risco de Creación Literaria pola novela Todos os días, que acadou de novo en 2018 con A simetría das bestas

Coa novela Máscaras rotas para Sebastian Nell acadou o Premio García Barros en 2014, e, en 2022, levou o Premio de Narrativa Breve Repsol por Os corpos dos Romanov, ambas as dúas obras publicadas en Editorial Galaxia. Tamén gañou o Premio Rafale Dieste de textos teatrais con Conxo non restraint (2023) e o Premio Abrente de textos teatrais 2024 da MIT de Ribadavia coa peza Os servizos prestados.

____

Editorial: Galaxia 09-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 140
Col: Literaria 512