Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PIPPI MEDIASLONGAS EMBARCA

€15,00
ISBN 9788484644231

Que tristes se poñen os seus amigos cando Pippi decide acompañar o seu pai á illa de Korakora.

Vilapenela nunca sería igual, ese refuxio de liberdade, xogos e diversión...



ASTRID LINDGREN
Suecia, 1907; , 2002 Astrid Anna Emilia Ericsson naceu nunha granxa de Nås, na provincia sueca de Småland. Afeccionada a escribir dende moi nova, foi autora de máis de 60 libros pioneiros na defensa dos dereitos da infancia e das mulleres, da igualdade, da non violencia, da natureza e dos animais. Escribiu "Pippi Mediaslongas" para a súa filla Karin mentres estaba convalecente e a obra foi publicada en 1945. Converteuse nun texto de referencia en todo o mundo e foi traducido a numerosas linguas. Entre os moitos recoñecementos que recibiu Astrid Lindgren destacan o Premio Nacional de Literatura de Suecia (1957), o Premio Hans Christian Andersen (1958), a Medalla de Ouro da Academia Sueca (1971), o Premio da Paz dos libreiros alemáns (1978) e o Premio Internacional do Libro da Unesco (1993). En 2003 o goberno sueco instaurou o Premio Memorial Astrid Lindgren, o máis importante no eido da literatura infantil e xuvenil.  

____

Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego