Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PERVIVENCIA E ACTUALIDADE DE EDUARDO BLANCO AMOR

€19,00
ISBN WP16598
O catálogo da mostra enumera toda a obra de Blanco Amor e as portadas do material que se exhibe na exposición, así como unha bibliografía imprescindible e básica para afondar na figura de Eduardo Blanco Amor.    

Carlos Laíño explicou que o catálogo ten tres partes: a parte de Siro, os libros que están expostos nesta mostra e unha bibliografía, polo tanto, é "unha ferramenta de traballo para todos os que queiran afondar na vida de Eduardo Blanco Amor". Di Siro: «E velaí nestes retratos, caricaturas e “visións” o Eduardo Blanco Amor que eu recordo. Nos que tentei afondar no seu interior, saiume o Blanco Amor entrañable, que me inspirara tanta tenrura. No conxunto destes deseños está o meu Eduardo Blanco Amor» Dinos E.B-A.: “Siro está acostumado a esaxerar os rasgos da xente para facer dos retratos caricaturas; a súa caricatura é, afortunadamente para a nosa boa amizade, unha caricatura que quere parecerse de lonxe ao orixinal pero non é triste a pesar de que me fixo unha nariz pingona así de xudeu, pero bastante obxetiva.» (Intervención de Blanco-Amor no Círculo de Perlío, 1976). A Mostra bibliográfica (colección Carlos Laíño). É esta a maior exposición bibliográfica sobre Eduardo Blanco-Amor que se ten realizado ata o momento. Mostra unha parte da colección de Carlos Laíño: «Son cerca de cincocentos volumes que compoñen o meu arquivo dos que só algúns deles forman parte desta exposición. Volumes que fun recadando dende hai case cincuenta anos. En canto á Fonoteca, moito do material son gravacións realizadas por min cunha gravadora de peto e dixitalizadas con posterioridade». O propio Blanco-Amor da testemuña  da importancia do labor de creación da colección: «Para o meu querido amigo, Carlos Laíño, que con tanta bondade e intelixencia se ocupa da miña obra literaria».(Blanco-Amor, Ourense, abril de 1977).    

____

Editorial: Deputación de Ourense
Idioma: Gallego