Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

PERSUASIÓN

€14,00
ISBN 9788494541131

Sir Walter Elliot, aristócrata vido a menos, controla o destino da súa familia con man de ferro. Anne, a filla mediana, ve murchar a súa mocidade sen perspectivas matrimoniais.



Nunha visita á súa irmá, Anne reencóntrase con Frederick Wentworth, un oficial da mariña que pedira a súa man anos atrás. Daquela a falta de recursos de Wentworth abondara para que a familia persuadise a Anne para non aceptar a súa petición. Porén, o retorno de Wentworth cunha nova posición social e económica trala guerra fai descubrir a Anne que, no fondo, aínda está namorada del.

 Semellante en temas ás obras de Austen publicadas en vida, Persuasión destaca sobre elas por dar voz a un personaxe nunca antes presente na literatura: a muller cuxa idade de casar xa pasou. Esta muller, Anne, non só toma a decisión de non cumprir coas imposicións familiares, senón tamén a de pensarse a si mesma como persoa independente da súa familia.

Jane Austen naceu en 1775 nunha familia da nobreza inglesa. Pese á escasa educación reservada ás rapazas, Jane educouse a si mesma a través da lectura. Comezou a escribir moi nova. Nunca casou e afrontou con valentía a súa precaria situación, pois dependía da economía familiar. As súas novelas acadaron un gran éxito: Orgullo e prexuízo chegou a unha segunda edición e Mansfield Park esgotou a primeira tiraxe en só seis meses. Persuasión foi a última novela que escribiu e publicouse trala súa morte en 1817.

____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Gallego