Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

PERSOAL E TRANSFERÍBEL

€9,90
ISBN 9788487882315
A velocidade na produción fainos individuos consumidores de satisfaccións instantáneas; os mediadores véndennos intimidade allea, comunicación, realidade… e nese medio perdemos contacto con aquilo que anhelamos verdadeiramente, mentres modelan as nosas preferencias e se cadra… a nosa identidade.

A vida non é sempre espectacular malia a promesa implícita na súa venda como espectáculo. A frustración logo da expectativa non cumprida resulta rendíbel para os que xeran e satisfán necesidades con soños. E así o espectador, enganchado e confuso, poucas veces se detén para cuestionarse se talvez a felicidade non estará noutro lado, se non podería ser unha creación persoal, unha elección que, como este proxecto, requira o esforzo de rexeitar miles de posibilidades sen dubidar dun mesmo.

A cámara foi o medio co que nove voluntarios tratamos de descifrar e almacenar os intres cotiáns que nos constitúen intimamente. Cadaquén os seus. Creamos a nosa propia representación, tratando situacións anódinas como se fosen esenciais. E fixémolo ao noso xeito, con máis ou menos axuda, chegando até onde queriamos amosar e motivados, algúns, por obriga familiar, outros por facer algo diferente ou por curiosidade… todos respondendo a unha petición tan estraña como sincera.

O que vedes é unha escusa: o produto concentrado dunha destilación subxectiva e implacábel, os restos dun experimento longo e pesado, pero tamén enriquecedor e emocionante. A mediación pouco inocente, empaquetada e consumíbel que queda dunha experiencia de comunicación que, por si mesma, sempre foi o verdadeiro proxecto.

Andrea Costas

 

____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego