Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

PERO COMO MORREN AS PEGAS?

€19,50
ISBN 9788411762168

V PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE 2023

Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto.
Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía Nacional, cada vez que se chanta diante dun cadáver nunha das súas investigacións criminais.
Desta volta, acompañado polo seu segundo, o inefable subinspector Leopoldo Xelmírez, e o resto do seu equipo, intentarán resolver o asasinato dun magnate ourensán do transporte. Un crime onde se mesturan o roubo de xoias, o amor e a morte.
Unha intriga que nos levará a percorrer boa parte da provincia ourensá, e parte de Portugal, na procura dun pasado ocultado baixo o constante grallar dunha bandada de pegas no ar.

Guzmán, Óscar M.

(Vilamarín, Ourense, 1970) traballa como persoal laboral da Deputación Provincial de Ourense. Pero… como morren as pegas? é a súa segunda novela, obra coa que gañou o V Premio Literario Vilar Ponte do Concello de Viveiro. Con anterioridade publicou Os segredos de Teresa (2021), coa que inauguraba a saga do inspector Saladino Mariño.

____

Editorial: Galaxia 05-2024
Idioma: Galego