Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

PAZOS GALLEGOS. MATERIALES PARA SU ESTUDIO

€50,00
ISBN 9788484574040

Ampla investigación baseada no traballo de campo do arquitecto Miguel Durán-Loriga sobre os pazos das catro provincias galegas.
 A documentación, durante tantos anos preservada con mimo pola súa familia, inclúe descricións, fotografías e bosquexos...
Fotografías e bosquexos que el mesmo realizaba nas súas visitas a cada unha das construcións pacegas. Un valioso material que agora recupera o seu fillo, Juan Durán-Loriga, nesta publicación que culmina o proxecto do arquitecto.

Señorío e refinamento combinados coa austeridade propia do mundo rural. Así era a vida nos pazos, as grandes casas da fidalguía galega construídas maioritariamente entre os séculos XVII e XIX. Elegantes edificios cunha historia que contar e, moitos deles, cuns magníficos xardíns que merece a pena visitar.
Pazos de Galicia, labirintos señoriais de pedra e flores nos que o tempo se mostra en todo o seu esplendor.
Por exemplo, o Pazo de Oca, onde entre estanques, buxos, escalinatas e hortensias se encontra a árbore de camelias máis alto de Europa. Ou o Pazo de Mariñán e o seu xardín francés a carón do mar. Ou o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla e as súas 200 variedades de camelias. Sen esquecer Rubiáns, Lourizán, Quiñones de León, Quinteiro da Cruz, A Saleta, Fefiñáns... 

____

Editorial: Deputación de Pontevedra 2014
Idioma: Castellano
Páxinas: 678
TAPA DURA
PAZOS E GRANDES CASAS
HISTORIA
FIDALGUÍA GALEGA
ARQUITECTURA
PATRIMONIO
ARTE