Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

PAZOS DE MEREXO

€20,00
ISBN WP3466
O libro recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galiza. O libro conta con abundante documentación gráfica, e unha cuidada presentación, e se presenta ademais cun CD no que podemos escoitar en versión orixinal unha selección de gravacións inéditas de Pazos do Merexo.

libro que afonda na historia do acordeón diatónico en Galiza. “PAZOS DE MEREXO, O ACORDEÓN DIATÓNICO DA COSTA DA MORTE” é unha cuidada e rigurora monografía iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun Cd sobre Pazos de Merexo, o decano e principal referente desta modalidade de acordeón para as novas xeracións.

O libro recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galiza. O libro conta con abundante documentación gráfica, e unha cuidada presentación, e se presenta ademais cun CD no que podemos escoitar en versión orixinal unha selección de gravacións inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz. Ademais inclúe unha selección das aparicións de Pazos de Merexo en programas de TVG como Alalá –no que aparece acompañado polo acodeonista Brais Maceiras- ou Luar. Tamén a súa recente colaboración con Kepa Junkera recollida no doble disco Galiza con o que o vasco homenaxeou a música galega.

Xurxo Souto e Pedro Pascual, os dous autores do libro, son profundos coñecedores da dimensión musical de Pazos e do que supón no contexto da Música Popular Galega como un referente único e inescusábel para as novas xeración de músicos e afeizoados. Ambos teñen compartido inúmeras horas con Pazos tanto en Merexo como en distintos pontos de Galiza e teñen sido destacados divulgadores entre músicos e público tanto da sua figura como do seu repertório e técnica interpretativa. Na presentación intervirán os autores Xurxo Souto e Pedro Pascual, o editor e director da colección Chave mestra Ramon Pinheiro e o alcalde de Múxía Félix Porto. Como feche está prevista a intervención musical de Pazos de Merexo acompañado de xovens e virtuosos acordeonistas de distintos pontos de Galiza. A presentación do libro-disco será unha xornada de sincera homenaxe ao maxisterio de Pazos de Merexo da nova xeración de acordeonistas que siguen o seu ronsel. Novos interpretes de acordeón diatónico de distintos pontos de Galicia como Vigo, Coruña, Compostela ou Bergantiños se achegarán a Muxía para compartir este día grande co protagonista do libro.

____