Logo de varios anos emigrada no Reino Unido, e tras un revés da vida, Paula decide regresar á casa natal e intentar empezar de cero. Mudará a docencia e a investigación universitaria por un obradoiro de instrumentos musicais artesáns. Situada nesa idade na que se afasta a provisionalidade da xuventude, deberá pensar se paga a pena intentar vivir esas cousas que se din «para toda a vida». Nesta novela, Eva Moreda demostra un enorme dominio dos recursos da alta literatura. Un estilo inconfundible dunha das voces máis interesantes das nosas letras.
Idioma: Galego 09-2020
____
Editorial: AiraIdioma: Galego 09-2020