Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

PAÑCATANTRA

€21,00
ISBN 9788492866922
O Pañcatantra é unha das obras de maior éxito na historia literaria da India, tanto dentro do propio subcontinente como no resto do mundo. Os relatos individuais que se asocian aos “Cinco discursos de sabedoría práctica” chegaron a converterse en parte do folclore indio común transmitido oralmente xeración tras xeración.

Unha das principais fontes da fabulística, europea e hispánica –deu orixe ao famoso Calila e Dimna traducido do árabe ao castelán antigo no s. XIII–, constitúe unha senlleira mostra do uso das fábulas de animais na transmisión da sabedoría política e mundana da India clásica, cunha salientable influencia no pensamento e política occidentais dende a Idade Media. Esta tradución é a primeira no ámbito ibérico que ten como base a edición de Edgerton (1924), primeiro autor que presentou unha reconstrución plausible do Pañcatantra orixinal, e a primeira tradución directa do sánscrito ao galego dunha obra literaria.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego