Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PALABRAS DO MAR

€12,00
ISBN WP4134
Palabras do mar constitúe, malia a súa brevidade, toda unha “enciclopedia”  na que se ensaian fórmulas técnicas e mais poéticas do máis diverso -das cantigas de berce ás coplas, dos esquemas romanceados a un marabilloso (case) limerick,dos esquemas máis vangardistas ao reino do esencialismo e dos haikus- e visítanse temáticas -sempre inspiradas no mar

Antonio García Teijeiro, alguén que particularmente non deixa de sorprenderme cos documentados, suxestivos e coidadísimos apuntamentos que vai deixando puntualmente no seu magnífico Versos e Aloumiños,  ideou unha triloxía poética constituída polos títulos  En la cuna del mar,Palabras do mar (que agora me ocupará) e mais outro volume que verá a luz o ano que vén titulado Poemar o mar. En Palabras do mar, así pois, ao que sei terceira entrega cronolóxica desta serie poética destinada para un lectorado novo, volve transitar por un xénero difícil mais no que Teijeiro se move cunha especial e singular habelencia, ofrecendo un resultado espléndido porque sabe vestir á poesía de sinxeleza, afastala de trascedencias, prescindir de roupaxes accesorias, impulsar naturalmente a comunicación e introducirnos, con enxeño, e tantas veces apoiado no ritmo, no ámbito da suxestión, algo que se potencia coa extraordinaria lectura visual que ofrece o ilustrador Xosé Tomás. Aínda diría máis, Palabras do mar constitúe, malia a súa brevidade, toda unha “enciclopedia”  na que se ensaian fórmulas técnicas e mais poéticas do máis diverso -das cantigas de berce ás coplas, dos esquemas romanceados a un marabilloso (case) limerick,dos esquemas máis vangardistas ao reino do esencialismo e dos haikus- e visítanse temáticas -sempre inspiradas no mar, loxicamente- polas que mercé ás ondas, aos barcos, ás sereas, ás areas e ás escumas -tamén ás sempiternas e simbólicas lúas do autor- recoñecemos, e recoñecerán as persoas que a este libro se acheguen, o diálogo consciente coos poemas que Manuel Antonio, Neruda ou Alberti dedicaron  no seu día ao mar e recoñecerán, asemade, a brillantez e a emoción que rodean estas e outras composicións que só alguén como García Teijeiro sería quen de facer. Grazas por estes poemas! Caderno da crítica de Ramón Nicolas

____