Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

OUTRO MUNDO É POSÍBEL: O REINO DA NECESIDADE DE VANDANA SHIVA

€9,30
ISBN 9788496526846
Unha das mellores vías en tanto que abrangue ambas as dúas posibilidades, ao meu entender, é a que ofrece o pensamento e a práctica ecofeminista de Vandana Shiva, de aí que comece por subliñar que é un acerto a publicación dun libro como este de Anna Cervera que contribúa a que se divulgue e discuta a obra dunha das mulleres máis activas.

Hai moitas e diversas maneiras xa de achegarse, xa de profundar na reflexión sobre a crise ecolóxica ou a globalización en xeral, ou, máis en concreto, sobre a enxeñería xenética, a biotecnoloxía, a produción e a reprodución, o libre comercio, a pobreza, a saúde, a alimentación. Unha das mellores vías en tanto que abrangue ambas as dúas posibilidades, ao meu entender, é a que ofrece o pensamento e a práctica ecofeminista de Vandana Shiva, de aí que comece por subliñar que é un acerto a publicación dun libro como este de Anna Cervera que contribúa a que se divulgue e discuta a obra dunha das mulleres máis activas, coñecidas e recoñecidas, a nivel mundial, tanto desde o feminismo como do ecoloxismo ou dos movementos alterglobalización. As razóns para introducírmonos na súa visión abondan. A súa formación científica, o ser unha voz do Sur, o seu compromiso práctico cos pobres da terra e, nomeadamente, coas mulleres, presente e patente nos seus textos e nas súas intervencións en distintos foros internacionais, fornecen a crítica a un desenvolvemento e crecemento económico xerador de desigualdades, pobreza e degradación do mundo natural, tanto a nivel local como global. Un pensamento e unha práctica que responde con contundencia ao que se xulga como un "mal desenvolvemento" e que, pola contra, adoita unha perspectiva de subsistencia, aquela que parte das necesidades fundamentais da vida.

____

Editorial: Baía
Idioma: Gallego